Monday 29 de April de 2024

Recoñecemento a Xaquín Marín no XXII Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña


O alcalde, Juventino Trigo, e o Goberno Municipal de Fene felicitan ao debuxante fenés e fundador do Museo do Humor de Fene, Xaquín Marín Formoso, gañador na categoría de “persoas” no XII premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña.

Á hora de outorgar o recoñecemento, o xurado do certame valorou” o compromiso continuado no tempo, o alcance social do seu traballo e o feito de facer humor gráfico nun contexto histórico de especial dificultade en plena ditadura franquista e en medios de comunicación onde a presenza do galego era residual”.

A candidatura de Xaquín Marín ao certame provincial foi presentada polas áreas de Museo e Normalización Lingüística, co apoio da concellería de Cultura e do Goberno Municipal de Fene.

No mesmo certame, tamén acadaron recoñecemento a Agrupación Astronómica Ío, na categoría de entidades, e o Twitter en galego, para iniciativas de xente nova. Parabéns aos gañadores!